Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Comentarios

Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) promove en marzo a campaña. «¿2018?... Agora!», para demandar novamente o traslado do complexo industrial ENCE-ELNOSA de Lourizán (Pontevedra). A asociación ecoloxista acha que "nin a ría, nin a economía da comarca, nin a saúde dos cidadáns poden esperar máis".

quim | 19-03-2005 11:32:24

Isto é de vieiros.com

Un grupo de investigadores e científicos da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Universidade de Vigo asinaron un comunicado en contra da permanencia da actividade industrial de ENCE nos actuais terreos de Lourizán máis alá de 2018, o prazo máximo legal. Os profesores apostan no escrito por un desenvolvemento forestal diverso e sustentábel, por unha silvicultura ecolóxica que vaia alén da función produtiva do monte. "As plantacións de eucaliptos son necesarias do mesmo xeito que necesitamos plantar patacas ou millo. Sen embargo non son nin bosques nin producen ningún dos beneficios que os bosques proporcionan á sociedade. Que non intenten vendernos gato por lebre", aseguran.

maoseitu | 19-03-2005 18:11:30

Pois semella que non tódalas rías son iguais.Qué pasa coa de Ferrol?

noutro lugar | 20-03-2005 17:53:28

Iso. Que pasa?

maoseitu | 21-03-2005 11:20:22

REGANOSA Fóra!!!
Saneamento xa!!!
Porto exterior demolición!!!
Salvemos A Malata!!!
Stop militarización!!!

Gosto do blo. Apún5tome desde xa

eu | 21-03-2005 20:50:37

maosetu,un par de enlaces para facer idea:
www.ferrol.to/gas/

www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=3&id=36706

noutraría | 21-03-2005 23:50:31

A CIG denuncia a manipulación e censura informativa da TVG respecto ao tema de Ence

http://www.galizacig.com/actualidade/200503/a_cig_...

ramiro | 22-03-2005 20:35:36

FILOSOFÍA E SUSTENTABILIDADE



A Semana de Filosofía comeza mañá co francés Yann Moulier e co debate arredor de Ence



A sustentabilidade será o tema da XXII Semana Galega de Filosofía que, do 28 de marzo ao 1 de abril, se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra



Aula Castelao. Redacción

A XXII Semana Galega de Filosofía bota a andar mañá luns coa conferencia do prestixioso filósofo francés Yann Moulier Boutang, que falará do terceiro estadio do capitalismo, a mundialización, que -segundo o autor- supón unha gran transformación e que cuestiona os piares básicos nos que se basea a sociedade occidental actual: o concepto de soberanía e de nación, a sustancia do valor económico e os dereitos de propiedade. Neste contexto xurde a ecoloxía para transformar as nocións económicas de rendemento e as escalas de productividade.

Previamente á conferencia inaugural, ás 10.30 da mañá, terá lugar a apertura da Semana, na que intervirán o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Antón Fernández Álvarez; o subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez Rivera; e a coordinador da Aula Castelao, Carme Adán Villamarín. Tamén se entregará a documentación aos máis dun milleiro de participantes inscritos neste ciclo organizado pola Aula Castelao.

A Semana de Filosofía, ademais de reflexionar sobre a sustentabilidade desde un punto de vista filosófico e sociolóxico, tamén porá enriba da mesa a situación de Galicia en canto a desenvolvemento sostible se refire. Ás 17 horas do luns, o xéografo Augusto Pérez Alberti, da Universidade de Santiago (USC), tratará o tema desde o punto de vista do territorio, mentres que Alberto de Coo, do Centro de Investigacións Mariñas de Corón, fará ás 20 horas unha análise do futuro medioambiental da ría de Pontevedra, na que será unha das conferencias 'estrela' da Semana e á que se agarda unha importante presencia de público.

Este biólogo fará un percorrido pola situación actual da ría, subliñando o papel central do macroproxecto da celulosa de Ence, para logo ofrecer dous futuros posibles: un sustentable, con motores económicos e proxectos e alternativas ambientais, territoriais e culturais; e outro continuista: unha área metropolitana-industrial cunha lagoa interior contaminada.

xenaro | 28-03-2005 08:42:55

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo hoy