Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Comentarios

TERCEIRA XORNADA DA SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA

Jorge Álvarez critica o control da farmaindustria sobre a saúde humana

O escritor Santiago Alba considera que "vivimos nun período de corrupción estética e moral"

Aula Castelao. Redacción
O filósofo Jorge Álvarez Yágüez comezou a xornada do mércores da Semana Galega de Filosofía cunha crítica ao "biopoder", o que el chama ao conxunto das institucións e empresas que "controlan as nosas vidas sen que os cidadáns poidamos facer nada". Neste sentido, referiuse á farmaindustria, "que non lle permite a determinados países acabar cunha enfermidade simplemente porque eles son os donos dunha patente".

Este profesor chamou a converter este biopoder en biopolítica "porque sobre el deben decidir os cidadáns". Neste sentido considerou que na actualidade se está a perder o sentido máis auténtico do que é a política, porque "estes poderes acaban por impoñer e nomear aos políticos, converténdoos en xestores".

Sen embargo, Álvarez atopa aspectos positivos nos avances nas tecnoloxías da vida, tales como a clonación terapéutica, que pode evitar enfermidades de transmisión xenética, ou o uso da enxeñería xenética na eliminación de enfermidades. Iso si, subliñou, "estes avances non se deben deixar en mans das empresas".

Contra o monocultivo do eulipto

Pola súa banda, Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago, fixo un diagnóstico da situación das árbores e da auga en Galicia e chamou a buscar alternativas na xestión dos montes galegos, xa que considerou o monocultivo do eucalipto como un perigo para a biodiversidade e a sustentabilidade. Na súa opinión, esta árbore provoca o empobrecemento do solo e consume grandes cantidades de auga, polo que reclamou un replantexamento das políticas forestais na procura de saídas máis sostibles para o contorno.

En canto á auga, Díaz-Fierros considerou que aínda que en Galicia temos cantidade suficiente, hai que racionalizala e controlar a súa calidade, xa que sufre unha certa contaminación bacteriolóxica. Tamén recomendou non incrementar o número de encoros nos ríos galegos, "porque que rompen o ciclo biolóxico" e chamou a atención sobre o problema da despoboación do rural galego, "xa que sen xente dificilmente se pode manter un equilibrio sustentable".

O capitalismo, unha batidora

O escritor Santiago Alba pechou a xornada do mércores cunha dura crítica contra a sociedade actual e o capitalismo que, na súa opinión, é "unha batidora que fai papilla con todo". Segundo el, "vivimos nun período de corrupción estética e moral" onde a sociedade está determinada pola sucesión en tempo real de "imaxes-mercadoría" e onde o modelo económico promove a renovación acelerada e continuada dos productos.

Para Alba os avances tecnolóxicos ameazan o concepto mesmo de cultura, que se ve sometida a tal presión que "se converteu en puras imaxes que pasan rapidamente, o que supón despoxalas da súa existencia". Isto tería implicacións decisivas, dividindo ao mundo entre observadores e observados: "nós, os espectadores do mundo, contemplamos á outra parte do mundo, como se fose un desfile de moda, por moito que o que esteamos vendo sexan nenos iraquís mortos".

Alba, que estudiou Filosofía e ademais de escritor ten sido guionista de varios programas de televisión, entre eles 'La bola de cristal', criticou asemade aos medios de comunicación, por estar concentrados en grandes grupos económicos "que tamén posúen empresas doutro tipo, como armamentísticas, e con intereses non sempre claros". Para contrarrestar a natureza íntima do capitalismo, que é superar todos os límites, segundo este autor, propuxo un acto de xexún revolucionario "para recuperar as cousas que están a punto de se extinguir e para edicir o que queremos comer e o que non".


Previsións para mañá xoves:

10.30 horas. Félix Ovejero, Natureza humana, institucións e sustentabilidade

17.00 horas. Manuel Varela: Mar e pesca

20.00 horas. Isabel Loza: Biotecnoloxía e novos medicamentos

Toña again | 30-03-2005 22:32:14

Presentan un manifesto pola recuperación da ría de Pontevedra
[30/03/2005 17:09] A asociación Maio Longo e un colectivo de persoas a favor do traslado do complexo de ENCE de Lourizán presentaron o manifesto da cultura "Pola recuperación da ría de Pontevedra" no marco da Semana Galega de Filosofía. Os promotores da iniciativa comezan con este acto unha campaña de recollida de sinaturas en toda Galiza, amais doutros actos informativos, lúdicos e divulgativos para sumar apoios á posición defendida polo goberno municipal de Pontevedra e outros sectores sociais e cidadáns.

evaristo | 30-03-2005 22:34:30

CUARTA XORNADA DA SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA

Ovejero reclama a necesidade dunha institución mundial que estableza normas medioambientais

Manuel Varela, catedrático da Universidade de Vigo, pediu estudios que avalíen os costes actuais de Ence na ría e dos proxectos alternativos

Aula Castelao. Redacción
O filósofo catalán Félix Ovejero reivindicou a creación dunha institución mundial que teña capacidade de regulamentar as normativas medioambientais a nivel planetario porque, na súa opinión, as institucións locais non poden acometer esta tarefa ao estar sometidas ao control electoral que impide ter unha visión a longo prazo. Este organismo debería ter tamén poder penalizador para controlar os poderes económicos que non están sometidos a control democrático.

Ovejero, profesor de Ética e Economía da Universidade de Barcelona, considera que á hora de establecer políticas de sustentabilidade non son válidas as estratexias socialistas ou capitalistas, nin tampouco o funcionamento da democracia actual. Segundo as súas palabras, a democracia crea unha cidadanía pouco participativa que non pode afrontar este reto porque non entende de beneficios a longo prazo que aproveitarán outras xeracións.

Calquera solución no sistema actual pasaría por limitar as liberdades, xa que "a natureza humana é incapaz de encarar o problema". É por iso que propón unha institución mundial con capacidade penalizadora, xa que o mercado alenta todo este tipo de comportamentos: egoísmo, horizontes a curto prazo, etc.

"Faltan estudios sobre Ence"

Pola súa banda, Manuel Varela, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, subliñou na súa intervención a necesidade de buscar un sistema de regulación que contemple a preservación dos recursos mariños paralelamente aos efectos socioeconómicos. Referido ao problema de Ence, Varela considerou que "hai que traballar na dirección de considerar todos os costes do que hai agora e dos proxectos alternativos que se poden facer". Sen estes estudios realizados, asegurou non poder ofrecer unha opinión, aínda que afirmou que "sería prudente estudiar alternativas de ubicación".


Ademais deste problema, o profesor chamou a regular as capturas, en especial a pesca de arrastre e a sobreexplotación de recursos, xa que "Galicia ten unha dependencia moi forte deste sector económico e hai que pensar no futuro e na conservación da poboación mariña". Con respecto á acuicultura, aconsellou regular o sistema de alimentación -piensos- dos peixes, "un impacto que debemos medir e valorar".

Presentación do Diccionario Galego de Filosofía

Previsións para mañá venres:

10.30 horas. Francisco Fernández Buey, Filosofías da sustentabilidade

17.00 horas. Xan Neira e Lidia Senra: Agro e soberanía alimentaria

20.00 horas. CLAUSURA: César Portela: Arquitectura e vida

mais | 01-04-2005 12:06:29

relatorio de Alberto de Coo na semana de filosofía de Pontevedra:

http://nuncamais.bitacoras.com/conferencia%20alber...

negra sombra | 03-04-2005 18:22:03

CLAUSURA DA SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA

Portela culpa a toda a sociedade da desfeita urbanística, sobre todo arquitectos e promotores

Francisco Fernández Buey afirmou que "é inaudito que un sindicato defenda unha empresa sen pensar nas implicacións para a cidadanía"

Aula Castelao. Redacción

César Portela clausurou a XXII Semana Galega de Filosofía lembrando o berro de Nunca Máis contra a catástrofe do Prestige para referirse a outras "mareas negras que asolan os nosos montes enchéndoos de especies vexetais como o eucalipto ou a marea edificatoria, que nas últimas décadas se propaga e avanza inexorablemente e que colonizou e degradou as nosas costas, os nosos pobos, as nosas cidades, sen máis consideracións que as puramente especulativas e de mal gusto".


O arquitecto pontevedrés culpabilizou a toda a sociedade da desfeita urbanística: promotores, arquitectos, constructores, os propios usuarios e as diversas administracións "que teñen impulsado ou consentido semellantes actuacións"; e asegurou que "existen exemplos que demostran que puido ser posible conquerir algo ben distinto" de haber un pouco máis de "competencia profesional e de esforzo por parte dos arquitectos, cun pouco máis de imaxinación e un pouco menos de ánimo de lucro por parte dos promotores, cun pouco máis de vergoña por parte das diversas administracións e cun pouco máis de respecto de todos para cos usuarios".

Con todo isto, na súa opinión, "tería sido posible construír o territorio, os pobos e as cidades, enriquecéndoos e sublimándoos con novas actuacións urbanísticas e edificatorias, en lugar de telos destruído". Aínda así, animou a facer unha arquitectura máis satisfactoria, máis espontánea e imaxinativa, menos dogmática e máis sustentable, "que non debería alcanzar maior custo económico".

A tendencia expansiva da condición humana

O filósofo Francisco Fernández Buey preguntouse se o desenvolvemento 'desarrollista' e expansivo é un rasgo permanente da condición humana. Neste sentido, o profesor da Pompeu Fabra propuxo corrixir este tipo de cultura ou civilización da modernidade, que xa provén desde o século XVI, como única maneira de acadar a sustentabilidade. "Se seguimos así", dixo, "despois da globalización virá a conquista do cosmos, sen dúbida hai que controlar a nosa tendencia expansiva".

Fernández Buey critou ademais a "escasa" visión global do sindicatos, que "son unha producción máis do capitalismo que só se preocupa polos obreiros sen considerar á cidadanía no seu conxunto". Aplicado á situación da papeleira pontevedra, o filósofo considerou inaudito que os sindicatos defendan os mesmos intereses que multinacionais e entidades financeiras, "poñendo o acento na defensa dos postos de traballo sen ter en conta as implicacións no resto da cidadanía".

Soberanía alimentaria

Pola súa banda, Lidia Senra, secretaria xeral do Sindicato Labrego, que espuxo un relatorio sobre soberanía alimentaria e agroecoloxía en colaboración co profesor da USC Xan Neira, propuxo defender a agricultura tradicional galega por exercer un uso sustentable da natureza e por utilizar un modo de producir que non deixa residuos nin na auga nin na terra nin nos propios alimentos.

Senra condenou as prácticas de intensificación da producción e reclamou unha mellor ordenación do territorio e a prohibición da forestación de terras agrarias. Tamén reivindicou un mellor acceso á terra, xa que "só temos o 15% de superficie agraria útil, cando a media na UE é do 40%".

Inaudito | 04-04-2005 09:05:40

Comisións Obreiras convoca unha folga comarcal en defensa da contaminación na Ría de Pontevedra
Publicado o 31 de Marzal do 2005 ás 16h50 por Galiza Nova. GZ - Novas

A Executiva Comarcal de Comisións Obreiras convou unha folga xeral na comarca de Pontevedra, en apoio ao plan de Caixa Galicia, PP e Ence para consolidar o contaminante complexo industrial en Lourizán, na Ría de Pontevedra. Este proxecto, que parte dunha empresa xa condenada por delito ecolóxico continuado, é ilegal, e pretendeu esquivar a normativa municipal por medio da "supramunicipalidade" defendida polo PP.

Os concellos nacionalistas de Poio e Pontevedra están a levar a cabo un plan de saneamento e recuperación da ría, gravemente contaminada, como recentemente recoñeceu o propio Manuel Fraga. Recentemente, varias ponencias da Semana Galega de Filosofía alertaron da insostenibilidade do proxecto de ENCE e as graves consecuencias que tería a instalación da papeleira.

Anti-Voz | 06-04-2005 10:26:52

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de crear unha sección na súa web sobre o impacto ambiental do complexo industrial ENCE-ELNOSA, baixo o título “ENCE-ELNOSA fóra da ría de Pontevedra!”. Trátase da primeira páxina ecoloxista sobre a contaminación de CELULOSAS-ELNOSA na ría de Pontevedra. Inclúe noticias, documentación e ligazóns.

O complexo CELULOSAS-ELNOSA é un dos principais focos de contaminación industrial do país. A súa ubicación en Lourizán, no fondo da ría de Pontevedra, é claramente inadecuada, polo que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) sempre defendeu o peche deste complexo industrial na súa localización actual.

Na última asemblea xeral de ADEGA, celebrada en Carballo o 13 de marzo pasado, foi aprobada por unanimidade unha resolución nas que se esixe aos Ministerios de Medio Ambiente e de Fomento “o cesamento da actividade industrial de ENCE na ría, un cesamento de actividade que ten que se producir con anterioridade ao 2018, pois a recuperación da ría, a saúde humana e a calidade de vida non poden agardar por máis tempo”. Por iso ADEGA identifícase coa campaña desenvolvida pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) baixo o lema “2018? Non gracias. Fóra da ría xa!”.

A ligazón á web é:

http://www.adegagaliza.org/varios/ence/ence.htm

nova web | 08-04-2005 19:41:55

[25/04/2005 10:33] A Asociación cultural Maio Longo organiza un ciclo de conferencias para analizar as claves do complexo industrial de Lourizán, como son as repercusións da localización de Ence na ría dende o ámbito do dereito, da contaminación, das súas consecuencias sobre a saúde e da memoria histórica do que representa a factoría. As charlas celebraranse ás 20.30 de martes a xoves na galería Sargadelos de Pontevedra.



O secretario da asociación, Xosé Abilleira, sinalou que o ciclo pretende darlle respostas a cuestións que lle preocupan á cidadanía de Pontevedra e manifestou a vontade do colectivo por contribuír a dar conta do ambiente social a favor do peche de Ence que, ao seu entender, se percibe na cidade.

O ciclo principia coa charla de Modesto Barcia o martes 26 de abril e tratará sobre a vertente xurídica da instalación e do futuro de Ence. O mércores, o alergólogo Xosé Fernando Filgueira e os químicos Xesús Torres e Ramón Eixo disertarán, nunha mesa redonda, sobre "Contaminación e saúde". O ciclo péchase o xoves 28 de abril coa intervención do xornalista Enrique Acuña, que rememorará a historia da oposición ao complexo industrial.

Debate | 25-04-2005 13:45:09

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Ence fóra da ría de Pontevedra! | 2005-04-25 14:08:57
[...] hai que roelo - negra sombra Por: galdrucho | o monte común | Comentarios (0) | Referencias (0) Comentarios Comentar Nombre [...]

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com