Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Comentarios

A nosa terra, abril 2005
O plano xeral provoca un novo
conflito social en Cangas

Volven os conflitos municipais en Cangas e até retornan vellos protagonistas dos incidentes que remataron coa alcaldía do socialista Lois Pena. A razón agora non é o catastro, senón un plan xeral que se fixo de costas aos veciños.

Mal aprendeu a lección de Lois Pena o actual alcalde de Cangas, Henrique Sotelo (PP), que agora se enfronta a súa propia base social por ignorala na elaboración do plan xeral e de ocultarlle o seu contido. Durante o seu primeiro mandado parecía que lle collera a medida ao cargo. Daquela, os plenos municipais eran tan aburridos como en calquera outro concello no que dominase a normalidade democrática, aínda que a oposición non deixaba de queixarse do rodillo da maioría absoluta. Pero recentemente os plenos recuperaron o ton dos mellores tempos de Lois Pena. Até regresou Carmeliña, incansábel veciña opositora de lingua afiada, que agora acude como público ás reunións da corporación xa avellentada e armada cunhas muletas que a axudan a camiñar.

¿De que se queixan os veciños? De falta de transparencia na elaboración do plan e de que este prexudica os seus intereses. ¿É verdade que prexudica os seus intereses? “Non sempre, pero houbo tanta ocultación na súa elaboración que hoxe a xente desconfía tanto que non hai outra solución que comezar de novo co plan”, respondeu Clara Millán, a líder do BNG en Cangas.

O plan xeral de Cangas, que está nos últimos días da fase de presentación de alegacións dos afectados, incorpora varios convenios urbanísticos moi discutidos no concello e que están a servir de catalizador da oposición ao novo planeamento xeral, un documento cuxa necesidade ninguén discute. Porén, os citados convenios foron aprobados en pleno municipal o 31 de xullo de 2004 sen que houbese máis oposición que a do BNG e a FPG. Tanto o PP como o PSOE votaron a favor e a veciñanza de Cangas permaneceu á marxe deste acordo.

Senllos convenios están inzados de decisións polémicas, pero non foi iso o que alporizou os veciños. Moitos deles en principio estarían dispostos a ignorar unhas recualificacións urbanísticas que agora denuncian, pero a ocultación sistemática do plan á maioría da poboación foi provocando un malestar que hoxe está a piques de estourar. Os primeiros incidentes xa tiveron lugar en varios plenos municipais e todo derivou nunha manifestación celebrada o domingo 27 na que participaron seis mil persoas, das que moitas forman parte da base social do Partido Popular. O acto estaba convocado polos partidos BNG e FPG, varias entidades sociais e culturais e o Foro Social pola Defensa do Pobo.


ramiro | 08-04-2005 10:15:29

PIDEN A DEMISIÓN DO CONCELLEIRO DE URBANISMO
Suspéndese a aprobación inicial do Pxom cangués, que volve á fase de avance


[08/04/2005 10:07] O Pleno da corporación de Cangas aprobou unha moción presentada polo BNG que solicitaba "retrotraer os traballos do Plan xeral de ordenación municipal á fase de avance, dando por suspendida a súa aprobación inicial a todos os efectos". Arredor de 500 persoas tomaron a Casa consistorial e os concelleiros populares e socialistas, que se abstiveron na votación, saíron escoltados pola policía.

demisión | 08-04-2005 13:45:00

faro de vigo 9 abril
La oposición exige el protagonismo de los colectivos sociales en un nuevo Plan Xeral
http://www.farodevigo.es/hoy/morrazo/1morrazo.asp

PXOM de Cangas | 09-04-2005 19:57:23

Colectivos veciñais presentan milleiros de alegacións contra o Pxom vigués


[11/04/2005 11:11] Representantes de asociacións de Teis, Matamá, Lagares, Samil e dos afectados pola Ronda presentaron no rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo milleiros de alegacións contra o documento do Plan xeral de ordenación municipal, en periodo de exposición pública.



Esta entrega de alegacións enmárcase nas medidas de protesta previas á manifestación que estes colectivos de afectados polo plan xeral convocaron para o mércores 13 de abril e que discorrerá dende a praza do Rei polo centro da cidade ata a Escola de Artes e Oficios, onde o equipo redactor do documento realiza a súa exposición pública.

Advirten de que o futuro documento planifica unha urbanización e ocupación construtiva que cualifican de "desmesurada para o municipio de Vigo" e aseguran que suporá un impacto ambiental "desorbitado que eleva ao rango de relixión a cultura do ladrillo" e supedita o poder político ao económico

Tamén en Vigo | 11-04-2005 14:27:39

cangas e a suspensión do pxom | 12-04-2005 09:47:34

patrimonio de Bueu afectado | 12-04-2005 10:42:59

o morrazo e o valedor do povo | 06-05-2005 22:47:27

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com