Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Domingo, 10 de abril de 2005

Acontece



domingo 17 abril, 12:00 h
Manifestación pola III República
Madrid, percorrido Atocha-Sol
+info +manifesto

20 ao 22 de maio en Santiago de Compostela
1º encontro físico de Arredemo
+info


Por: galdrucho | en loita! | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

O sábado as 11:30 h o equipo reunirase na cidade das burgas ó pe das mesmas, e nos
desprazaremos por varias localidades cercanas á capital onde básicamente gravaremos
diversas “inauguracións”: unha autovía, un busto, un auditorio ou un polideportivo. Tamén
o exército de UNTOS entrará nalgún sector de influencia; la región, caixa galicia, la voz
de galicia...

E xa pola tarde pois na propia cidade de Ourense repartiremos exames coas respostas das
oposicións e, como non, cantaremos todos UNTOS na praza maior, para o cal vos convidamos a
participar masivamente... segue a ler e infórmate polo miúdo



Se a parte de actuar, queredes colaborar na organización da rodaxe en Ourense, enviade un
e-mail co voso teléfono a info@arredemo.info

O domingo pola tarde teremos a segunda sesión de rodaxe en Compostela con localizacións
como a casa do presidente...

A modo de sinopse da curta:

Don Manuel en medio dos piques de transformarse en candidato recibe os xornais do día...
Ceos! Malas novas! O partido “descomponse”...! Non temos problema... sempre nos queda o
plan de emerxencia... non hai nada que non se poda resolver cuns bos UNTOS.

(intro canción UNTOS)

O exército de UNTOS de D. Manuel repartirán untos polos sectores de influencia do país e
antes de chegar ao retrouso xa temos o partido recomposto!. E xa despois só queda a
campaña, déixate seducir polos UNTOS!!!!!. Participa nesta homenaxe a política única dos
UNTOS!!!!. O sábado día 9 de abril as 17:30 h na praza do concello en Ourense. De quen te
vas vestir? Dos da boina ou dos do birrete?

Fabulosos premios ó millor disfrace!!!!! Sortearemos as respostas aos exámes das próximas
oposicións !!!

AVISO: Se hai xente que teña o traxe de galeg@ que usan na deputación de ourense pois que
non dubide... gaiteir@s, pandereiteir@s, tamborileir@s... con certo scottish air!!


UNTOS (letra da canción)

Untos os de toda a vida
Sempre sen problemas resultaron ben

Untos é o que todos queren
E se hai untiños
Temos menos crises para resolver
Untos que o amañan todo
Miña nai querida, xa o sabemos ben

Untos máis xuntos, con untos levámonos ben
Untos na xunta e untos tamén no pp

Untos máis xuntos, untos cos fondos da UE
Untos na xunta e untos tamén no pp

Untos pra seguir unidos
Cando todos queren algo de poder

Untos que valen pra todo
E se hai untiños
Vaíseche a idea de querer romper

Untos pra seguir unidos
Polo menos ata a morte de Don Manuel

Untos máis xuntos, con untos levámonos ben
Untos na xunta e untos tamén no pp

Untos máis xuntos, xuntiños con Don manuel
Untos nos trunfos e untos nos fallos tamén

Untos máis xuntos, untos cos fondos da UE
Untos na xunta e untos tamén no PP

UNTOS | 07-04-2005 11:30:31

Minha solidariedade do Brasil.
Abração fraterno
Luiz Alberto Machado

LUIZ ALBERTO MACHADO | 09-04-2005 10:41:04

homenaxe en vila´garcia a represaliados do franquismo

http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp...

toña | 17-04-2005 13:03:26

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com