Domingo, 24 de abril de 2005

Orgullo gai en María Pita (La Voz, 02/05/2005)
Dimita Sr. Vázquez (Vieiros, 29/04/2005)
Maribolheras Prècarias protestan ante o concello da Coruña (29/04/2005)
Sir Paco votará contra a lei de matrimonio homosexual no Senado (La Voz, 27/04/2005)
Por: galdrucho | coiros de cacique | Comentarios (5) | Referencias (0)
evaristo | 29-04-2005 13:09:36
entón, se o orgullo gai é un erro social, os que casen aos gais estarán cometendo un erro político... non si, sres. franquistas?
toña | 29-04-2005 13:11:26
kop | 29-04-2005 17:51:48
E paso por vieiros e vexo isto.
O alcalde donostiarra, Odón Elorza, suxeriulle a Vázquez que demita como presidente da FEMP, xa que a súa actitude non é "nin adecuada nin representativa". De feito, un dos concelleiros socialistas de Donostia, Ernesto Gasco, un dos primeiros en facer pública a súa homosexualidade, dixo que non quería que o alcalde da Coruña "cambie as súas opinións persoais" pero considerou que "non debe esquecer que foi elixido como presidente da FEMP polos votos das forzas progresitas e de esquerdas deste país". Micaela Navarro aconselloulle a Vázquez, que se ten problemas de conciencia, o día da votación no Senado non vaia pola cámara "como fai na maioría das ocasións". Zerolo foi aínda máis alá. Díxolle a Vázquez que "atenda a loita dos homes e das mulleres socialistas durante 125 anos por riba das súas crenzas relixiosas particulares e que antepoña o seu compromiso ideolóxico coa liberdade e a igualdade de todos".
Mentres tanto, Vázquez cre que a polémica sobre a lei, que el mesmo alimenta, é unha proba de que "debeu haber máis calma, tranquilidade e diálogo á hora de fixar unha norma que ninguén pon en dúbida, para amparar a liberdade das persoas e formar unións á marxe da súa inclinación sexual". Asegurou tamén que ninguén do seu partido, nin sequera Pérez Rubalcaba, se puxo aínda en contacto con el, o que demostra que o PSOE "se move dentro dun ámbito de liberdade e a miña opinión é coñecida".
Estas "cousas de Paco", como as definira o secretario de Organización Xosé Blanco, procúranlle os eloxios dos seus supostos adversarios políticos, asegúranlle unha presenza constante nos medios máis reaccionarios e ademais funcionan en moitas ocasións como "cortinas de fume" para ocultar os auténticos problemas de xestión da súa cidade.
Desde a teimosía no "L" por riba das sucesivas sentenzas xudiciais até o seu pronunciamento en contra da lei do aborto, pasando por aquelas declaracións en plena crise do Prestige nas que afirmaba que a plataforma Nunca Máis estaba dirixida por "movementos radicais, extremistas e independentistas' que queren sacar proveito da catástrofe, as posturas públicas de Francisco Vázquez son cada vez máis coincidentes coas dos seus principais rivais políticos.
kop | 29-04-2005 18:20:12
convocan en madrid unha mani contra o matrimonio homosexual e a adopción gai
http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.j...
bisex | 06-05-2005 10:30:40
Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com