Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Comentarios

‘Coñécenos polo alcalde franquista
e pola auga contaminada, non polo bo viño'

Son entre sesenta e sesenta e cinco, votan a todos os partidos e teñen todo tipo de profesións pero un denominador común, están pechados no concello de Beade para esixir auga potábel, da que carecen desde hai seis meses.

“Comezamos o peche o 28 de abril pero xa levabamos seis meses sen auga potábel”, conta Miguel Caneiro, un dos dez veciños que á mañaciña do dezaseis de maio ocupaba a planta baixa e o exterior do concello de Beade, un pequeno municipio do Ribeiro, cunha poboación de dereito de 607 habitantes, gobernado polo Partido Popular.

Hai meses, a Delegación de Sanidade da Xunta de Galiza informoulle ao concello que a auga estaba contaminada, que non era potábel e recomendoulle realizar outra captación de mananciais distintos. Nada diso colleu por sorpresa aos veciños, aínda que a día de hoxe, ninguén explicou a razón da presenza de elementos contaminantes na auga. “Só a douscentos metros hai outro manancial que non está contaminado, pero o alcalde segue adiante co seu proxecto de construír unha potabilizadora usando a mesma toma de auga que había”, denuncia Miguel.

Sanidade indicoulle ao concello que a zona na que toma auga da traída neste momento está contaminada, pero non así a situada a cincuenta metros, de modo que a solución, a xuízo dos veciños, non é complicada. “Podía aforrar os 36.000 euros que custa a potabilizadora máis o mantemento dunha planta coma esa, pero non, non fai caso do que nós pedimos”, engade Miguel.

A planta potabilizadora está practicamente rematada, pero non acaba de entrar en funcionamento por problemas sucesivos. “A bomba ten dezaseis anos, está vella e anticuada e por iso non se pode adaptar ao tubo, tamén hai problemas de electricidade...”, di Helena Vázquez, outra das veciñas que manteñen o peche no concello.

Hai un mes, os afectados rehabilitaron a Asociación de Veciños Ven Te Vexo, que había anos que non tiña actividade. Desde o mes de febreiro conseguiron ter dúas entrevistas co alcalde, Senén Pousa Soto (PP). “Só puidemos estar tres persoas e non contou máis que mentiras”, di Rita Raña, a portavoz do grupo de pechados. Malia as súas demandas, non houbo unha nova reunión. “O alcalde só admite que nos reunamos con el tres persoas e que deixemos o peche”, denuncia Marisa Vázquez, outra das veciñas.

Ante a imposibilidade de chegar a un acordo co alcalde, os veciños solicitáronlle unha reunión ao presidente da Xunta Manuel Fraga. “Vai reunirse con nós o 25 de maio ás doce da mañá en San Caetano, temos que ir catro”, conta Concepción Iglesias, que forma parte do grupo dos pechados. “A Fraga ímoslle levar información do que está a pasar –di Rita Raña, a portavoz dos afectados–; el non pode solucionar nada porque é algo que lle corresponde ao alcalde, pero preparamos un informe detallado que dá conta do que sucede”.

-Acaso pensan que Fraga non sabe qué acontece? “Temos que pensar que non, temos que pensar que el é unha figura no país e temos que dicirllo”, responde Rita Raña, que para co alcalde ten unha posición ben distinta: “Non deixaremos o peche en tanto non falemos con Fraga, a menos que o alcalde solucione o problema ou que faga unha manifestación chea de xente dicindo que queren que a auga saia contaminada”.

O alcalde, mentres, non asoma o fociño polo concello. Despacha no Bar Areal, nas oficinas da Mancomunidade ou vai de acó para aló. Mesmo para os xornalistas poder localizalo é unha tarefa case imposíbel, non quere ver a ninguén.

beade na nosa terra | 28-05-2005 19:31:31

O alcalde de Beade ameaza os veciños que piden auga potable
[04/06/2005 12:56] Senén Pousa Soto, alcalde do concello que cada 20 de novembro homenaxea a Francisco Franco no día do seu pasamento, enfronteuse o vernes a unha trintena de veciños que protestaron cunha cacerolada ante a casa do concello, para reinvidicar a traída municipal de auga potable. A resposta de Pousa Soto a esta reivindicación reduciuse á ameaza, "vou reunir á miña xente, para dar leña".

Ameazas do alcalde | 05-06-2005 11:18:59

A este pintoresco personaxe témoslle dedicado un espazo na nosa web. Na revista que contén -RIBARRAVIA, fixémoslle unha sinxela reportaxe que fala da súa afición a Franco...

Estamos en www.tipinho.es

Un cordial saúdo a todos,exceptuando aos fachas.

tipiño | 11-02-2006 19:55:36

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com