Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Comentarios

ANTE OS EXÉRCITOS ESTAMOS ESPID*S
ACCIÓN NUDISTA CONTRA O DESFILE MILITAR
Sábado 28 maio, 14:00 h., Parque Monte San Pedro (A Coruña)

Ante os exércitos, expresión da violencia absoluta, as persoas experimentamos unha indefensión igualmente absoluta. Como metáfora desa indefensión absoluta, interporemos os nosos corpos espidos, plenamente vulnerábeis, deseñando o lema ‘NON AO DESFILE’, nunha acción que será retratada por vári*s fotógraf*s galeg*s e o fotógrafo portugués que traballa co nome artístico de Luther Blisset.

espidos fronte as armas | 22-05-2005 21:53:38

Un artigo de: Xabier Cordal
[25/05/2005]


Se se coloca vostede estes días no medio da praza do Concello da Coruña e efectúa un xiro circular, comprobará que en cada balcón pendura unha bandeira española (sen escudo, supoñemos que para que a imaxinación de cadaquén acabe de completar o símbolo).



Talmente coma cando en agosto, con motivo da visita do xeneral Franco, nos enchían os ollos e os cantóns e as prazas cos emblemas golpistas, o exército ao mando de Juan Carlos I vai exhibirse este sábado na Coruña.

Os desfiles quedaron ancorados nunha fase arcaica da parada militar. Cando os exércitos da OTAN mostran a súa forza adoitan esquecer certos elementos de disuasión que miles de persoas alí apostadas sen dúbida agradecerían.
Faltará, por exemplo, o batallón informático da Guardia Civil, que segundo certas páxinas da esquerda hospedadas en Compostela, Madrid, Barcelona, etc., dedica boa parte do seu esforzo a comprobar cada cuarto de hora que non se lesionan nelas os dereitos do cidadán.

Esteticamente, iso presenta algún conflito. Poderían rodar pequenos carriños de oficina cun equipo fixo en actitude de simulacro, ou iren tamén, de maneira máis tradicional, marcando o paso e termando, na man dereita, dun ordenador portátil, que erguerían ao vento (ao xeito da Sección de Gastadores co vello fusil Cetme) cando alcanzasen a tribuna. Alí aplaudirán Francisco Vázquez, José Bono e o resto de autoridades eclesiásticas e civís.

Outra ausencia notable será, previsiblemente, a dos especialistas encargados de deseñar e sementar artefactos de disuasión para os campos do Terceiro Mundo; por exemplo, as pequenas minas antipersoais (algunhas de fabricación española) ou esas cabezas de mísil con uranio empobrecido, símbolo da alternativa socialdemócrata ao desastre nuclear. En boa lóxica os soldados que prestan axuda humanitaria (alimentos, medicinas, etc.) deberían desfilar detrás, e non diante.

Se se coloca vostede estes días no medio da praza do Concello e efectúa un xiro circular, comprobará que en cada balcón pendura unha bandeira española. Talmente coma cando en agosto, con motivo da visita do xeneral Franco.

Consellos para o desfile | 26-05-2005 12:19:16

as dúas caras do desfile | 28-05-2005 19:19:23

Varios actos denuncian o Día
das Forzas Armadas na Coruña

Tres asociacións políticas e antimilitaristas celebrarán distintos actos para protestar contra a convocatoria na Coruña do desfile do Día das Forzas Armadas o vindeiro 29 de maio. Francisco Vázquez convocou, ademais, unha xura de bandeira na que participará el xunto contra outros políticos socialistas e populares. Este acto terá lugar na tarde do sábado 21 de maio na Praza de María Pita.

Os actos contrarios á Semana das Forzas Armadas están convocados por Galiza Nova, a Asemblea Aberta contra o Desfile Militar e por unha Plataforma integrada polos independentistas.

Galiza Nova o sábado 21 de maio, coincidindo coa xura de bandeira organizada por Francisco Vázquez pero á unha do mediodía, convocou un acto pola dignidade da bandeira nacional galega na Praza da Constitución, xunto á antiga Capitanía. O mércores 25 de maio, xuntamente cos CAF, convoca desde as 11.30 un paro na Universidade e unha concentración ás doce nos campus. O xoves 26 ás nove e media da noite do pub Mardi Grass celebra un concerto co grupo Ruxe Ruxe. Por último, o 29 de maio pola mañá chama a asistir a unha concentración na Praza de Galiza xunto ao Tribunal Superior, posteriormente haberá actos cívicos e culturais.

A Asemblea Aberta contra o Desfile está a recoller sinaturas, xa celebrou un pasarruas con máis de cen persoas e realizou un acto no que despregou fotografías alusivas á situación. Pide, ademais, que a xente coloque nas súas casas bandeiras galegas ou sabas brancas. Este colectivo denuncia un forte acoso policial nos seus actos.

a nosa terra cóntaoo así | 28-05-2005 19:32:17

detidos tres antimilitaristas na coruña | 01-06-2005 22:10:00

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com