Viernes, 06 de mayo de 2005

Os ecoloxistas e a minicentral no encoro de Frieira
(La Región 18/04/2005)
Aprobada a minicentral de Brandariz no río Ulla
(La Voz, 08/04/2005)
O sapoconcho do Arnoia en perigo por mor das obras da minicentral da Merca (La Voz, 06/04/2005)
augas de galiza: por un puñado de vatios - negra sombra
Por: galdrucho | o río é noso | Comentarios (6) | Referencias (0)
FEG E GUERRILLEIROS DAS FRAGAS DENUNCIAN O ABANDONO DO ESPAZO NATURAL
As Fragas do Eume en perigo
[06/04/2005 14:24] Ultimamente estanse a acelerar os trámites de moitos proxectos que ameazan a integridade do entorno do Parque Natural das Fragas do Eume e os seus propios valores ambientais e paisaxísticos. A falla dun Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) está a favorecer estas actuacións daniñas para o Parque. As Fragas é un exemplo do que acontece nos Parques Naturais galegos.
http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=30...
Toña | 06-04-2005 17:57:48
ADEGA DENUNCIA A AGRESIÓN AMBIENTAL A UN ESPAZO DA REDE NATURA 2000
A construción dunha pista entre Camelle e Traba destruiría un treito de costa virxe
[07/04/2005 09:19] O treito en cuestión vai entre Mordomo, en Traba (Laxe), e Camelle (Camariñas), na Costa da Morte. Trátase dun espazo costeiro que integrará a Rede Natura 2000 e "destaca pola súa excepcional paisaxe", nun estado de presión urbanística "cero" e sen accesos ao tráfico de vehículos. Adega denuncia que este proxecto, impulsado pola Consellería de Política Territorial a demanda dos Concellos de Laxe e de Camariñas, sería unha grave agresión ambiental.
destruiría un treito de costa virxe | 07-04-2005 11:28:15
5 abril
Nove peticións para construir hidroeléctricas no río Deza
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultad...
o río Deza ao carallo | 09-04-2005 19:43:36
Iº Encontro Desterrad@s por encoros
Consecuencias sociais e ecolóxicas dos encoros na Galiza.
23 de Abril de 2005 (10.30 h) Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (Universidade de Santiago de Compostela)
http://galiza.indymedia.org/gz/2005/04/2576.shtml
Desterrad@s por encoros | 21-04-2005 09:18:50
OS GUERRILLEIROS DAS FRAGAS ESIXEN QUE SE RESPECTE A LEXISLACIÓN MEDIOAMBIENTAL
As Fragas do Eume ameazadas por un proxecto mineiro
[05/05/2005 08:29] O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas ve unha ameaza para o Parque Natural das Fragas do Eume no proxecto de explotación de andalucita. Por esta razón, presentou unha serie de alegacións perante a Consellería de Medio Ambiente nas que se reflicten os máis graves impactos que este proxecto producirá no espazo natural protexido. Os Guerrilleiros das fragas-FEG solicita a retirada do Estudo de Impacto Ambiental, do Proxecto sectorial de aproveitamento de andalucita no termo municipal d'As Pontes e a creación dunha comisión de traballo na que estean representadas todas as partes interesadas, incluídos ecoloxistas, coa fin de facer un proxecto da mina consensuado por todos.
http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=30...
guerrilleiro | 05-05-2005 11:39:43
a nosa terra maio 2005
O Ministerio de Medio Ambiente aproba
a ampliación da central de Frieira no Miño
A falta dun recurso potestativo de reposición, o Ministerio de Medio Ambiente aprobou a ampliación da explotación hidroeléctrica do encoro de Frieira no río Miño, que implica aumentar en máis do dez por centro a produción.
Nestes momentos está a piques de concluír un proceso para aumentar a produción eléctrica no encoro de Frieira, ao que se opuxera hai cinco anos a que hoxe é ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona. O 24 de febreiro de 2005 este Ministerio resolveu favorabelmente a petición de ampliación da concesión de Frieira, contra o que se manifestou a Asociación Ecoloxista Coto do Frade.
O proceso de ampliación deste encoro comezou o 26 de xuño de 2000 e a súa conclusión non se cumpriu nos dezaoito meses que marca a lei, senón que se demorou até a actualidade. O pasado oito de abril a Asociación Ecoloxista Coto do Frade presentou un recurso potestativo de reposición contra esta decisión. O Ministerio deberá fallalo no prazo dun mes desde o momento da súa presentación. Tal e como actuou este ministerio, aceptando as posturas de Unión Fenosa Xeración, os ecoloxistas dubidan de que se bote atrás e unicamente confían en que Cristina Narbona manteña a súa palabra e acepte as posicións que fixera súas cando se reunira cunha representación de Coto do Frade hai cinco anos, mentres estaba na oposición. “É unha cuestión política”, resumiu Nacho González Torres, da directiva do Coto do Frade, que probabelmente terá que recorrer a un contencioso administrativo ante o Tribunal Superior.
Cuestións políticas aparte, os ecoloxistas sinalan que hai dous incumprimentos capitais neste proceso: nin se pode turbinar o caudal ecolóxico do encoro nin é posíbel eludir o trámite dun novo concurso para unha ampliación que implica aumentar máis dun dez por cento do caudal.
O proxecto pretende ampliar a concesión actual de 650 metros cúbicos por segundo até os 730, 80 metros cúbicos máis, o que implica máis dun dez por cento máis. A Lei de Augas e o texto refundido do Real Decreto 1/2001 obrigan nestes casos a que a ampliación sexa polo procedemento de concurso, polo que poderían participar outras empresas distintas da que explota a central, din os ecoloxistas. A mesma Lei sinala que o caudal ecolóxico non se pode turbinar, como pretende o proxecto. Porén, tanto a Confederación Hidrográfica do Norte como o Ministerio ignoraron estas circunstancias e realizaron a mesma interpretación da Lei que empregou Fenosa, a pesar de que os ecoloxistas sinalan que o texto é inequívoco.
let it bleed | 06-05-2005 13:33:44
Mais nós levamos un mundo novo nos nosos corazóns. Está a medrar mentres les esto.
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com