A oferta de emprego que publicou hoxe o consello da xunta, é absolutamente falsa. O primeiro, subliñar que a OPE non está aprobada. Tratase únicamente dun informe do Consello da Xunta, xa que a OPE non pasou polas mesas de negociación nin a Comisión de Persoal, polo que calquera OPE aprobada unilateralmente sería automáticamente impugnada xudicialmente. O goberno do PP está tentando colleitar algún voto despistado, aparentando coa sua comunicación que este ano vai haber unha nova e magnífica OPE. O mais grave do seu anuncio é a inclusión de 207 prazas de funcionarios/as de corpos xerais. ESTO É MENTIRA. As 207 prazas referidas corresponden a un acordo de anos anteriores de funcionarización de persoal laboral. Esto é, de persoal laboral fixo da Xunta que ocupan postos en RPT correspondentes a persoal funcionario. A este persoal laboral fixo se lles ofrece a posibilidade de trocar o seu réxime, convertendose en persoal funcionario. Non son postos vacantes, senon postos sometidos a un proceso de "reconversión". Saude. Alexandre Prieto. ...................................................................... Confederación Intersindical Galega-Admón. Pública Sector da Administración Autonómica Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo R/ Concepción Arenal, nº 8 - Torre B - 8º andar Teléfone: 986 81 7597 Fax: 986 81 7698 http://www.cigadmon.org